A Deputación de Ourense organiza unha xornada online para fomentar novas oportunidades no rural

Videoconferencia Manuel Baltar cos membros da FEMP.
IES CHAMOSO LAMAS

A  Deputación de Ourense organiza o vindeiro xoves, 5 de novembro, a partir das 10.00 horas, unha xornada  online para fomentar novas oportunidades para territorios rurais e presentar de forma oficial o proxecto europeo de cooperación transfronteiriza  Fronteira  Esquecida Limia-Lima, co-financiado pola Unión Europea. O obxectivo deste proxecto europeo é potenciar os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima e a súa contorna, así como desenvolver unha estrutura de xestión e promoción conxunta que realce o aproveitamento turístico da zona. As inscricións para a xornada, gratuítas e abertas a todo o público, pódense realizar en www.fronteiraesquecida.eu. O acto será inaugurado polo presidente da  Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e contará coa presenza do presidente da CIM Alto Minho, José Maria Costa. 

Trala presentación do proxecto, desenvolveranse dous relatorios que permitirán identificar accións para a revalorización e conservación dos espazos naturais e dar a coñecer novas oportunidades baseadas no aproveitamento do potencial dos territorios rurais. En primeiro lugar, a charla “Retos e oportunidades dos territorios rurais” será moderada polo xefe de servizo de Espazos Naturais da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez, e coa intervención do director conservador do Parque Nacional de Garajonay (A Gomera), Anxo Fernández López, así como da administradora delegada de Adere-Peneda Gerês, Sónia Almeida. Durante a charla detallaranse accións para a revalorización e conservación dos espazos naturais. 

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

A xornada finalizará co relatorio “Cara a un turismo sostible”, moderado polo presidente do Clúster de Turismo de Galicia e experto en turismo rural, Cesáreo Pardal. Os relatores serán a coordinadora da área de Turismo da Mancomunidade da Subbética, Cati Molina Rodríguez; o xerente de Oleosetin e membro do Clúster Turismo de Estremadura, Luís Miguel Martín González, e a directora do Carmo’ s Boutique Hotel, María do Carmo Fernandes. 

O proxecto Fronteira Esquecida ten previstas varias actividades para relanzar o espazo do río Limia-Lima como un destino turístico de calidade e sostible, así como para protexer e valorizar o patrimonio cultural e natural como base económica da rexión transfronteiriza. Entre elas atópase a elaboración dun relato histórico conxunto, o deseño de rutas, a xestión de recursos e itinerarios turísticos e a promoción do destino a través das novas tecnoloxías.   

As persoas interesadas en asistir online á presentación do proxecto e aos relatorios deben inscribirse previamente a través do formulario dispoñible en www.fronteiraesquecida.eu.