A Deputación recibe ao equipo de elite do Club Ximnasia Pavillón logo dos seus excelentes resultados no Campionato de España disputado en Pamplona

RECEPCIÓN EQUIPO DE ÉLITE CLUB XIMNASIA PAVILLÓN. O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, recibe ao equipo de élite do Club Ximnasia Pabellón que vén de acadar grandes resultados no Campionato de España individual e por equipos.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, acompañado polo director desta área da Deputación, Marcos Vázquez Guzmán, recibiron esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Prvincial ao equipo de elite do Club Ximnasia Pabellón, logo dos excelentes resultados que veñen de acadar no Campionato de España disputado en Pamplona.
O palmarés alcanzado por estes xóvenes deportistas ourensáns (de entre 6 e 14 anos) contempla un total de 8 ouros, 4 pratas e 3 bronces, destacando o primeiro posto na categoría de trampolín por equipos. O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, transmitiulles os merecidos parabéns en nome de toda a provincia, “pois co voso traballo, esforzo e competitividade levades o nome de Ourense ao máis alto do deporte a nivel nacional”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------