A Xunta amplía as axudas do Bono Social Eléctrico

IES CHAMOSO LAMAS

No que vai de ano xa se apoiou a 3930 familias, cifras similares ás alcanzadas en todo o ano pasado.

Os apoios están dirixidos a consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social co obxectivo de asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica. Os solicitantes deben ser persoas residentes en Galicia e titulares dun servizo que teñan contratada a tarifa de último recurso e sexan consumidores vulnerables severos e estean en risco de exclusión social.

OZOCOgz Deseño Galego

Os apoios serán dun 50% da factura eléctrica e terán unha contía máxima anual de 300 ou 450 euros. Como complemento a estas axudas, a cantidade será ingresada na conta corrente na que o beneficiario ten domiciliado o pago da súa factura da luz, co obxectivo de apoiar os gastos de calefacción, auga quente e cociña sexa cal sexa o sistema que empregue.