O Estado sufragará o cambio de 1.700 luminarias a LED no concello de Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Ribadavia ven de acadar un importante investimento do Estado, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxico e o Reto Demográfico, para un proxecto de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público do municipio. O proxecto contará cun investimento de 729.670,93 euros que chega a través dunha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) co que se procederá a renovación do alumeado público exterior en Ribadavia actuando en 1725 dos 2055 puntos de luz existentes, o que supón a renovación de máis do 70% das luminarias que aínda estaban sen modernizar.

A actuación, cun investimento total de 996.788,67 euros, consistirá na substitución das actuais luminarias provistas con lámpadas de vapor de mercurio, vapor de sodio de alta presión, haloxenuro metálico e LED por luminarias LED máis eficientes con equipos de regulación da iluminación . A actuación tamén inclúe a substitución de 36 dos 39 cadros de mando existentes e dos elementos de protección e control dos mesmos para garantir o cumprimento da normativa vixente. Dito investimento suporá ademais un aforro enerxético para o Concello de Ribadavia no alumeado público dun 58,44%.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O goberno municipal destaca que se trata dun “aforro moi importante para o Concello” e que a pesar de ter un desembolso importante, pois o Concello de Ribadavia aportará 180.000 euros aproximadamente, “vai ter unha repercusión moi beneficiosa nun futuro porque na propia memoria implica que as luminarias terán 5 anos de garantía”. Tamén sinalan que “isto supón non só o aforro da enerxía de consumo ao longo do ano, senón tamén que se aforre en substitución de lámpadas, material eléctrico e mano de obra”.

O goberno municipal amosa a súa satisfacción polo compromiso acadado polo Goberno do Estado con Ribadavia, xa que en cuestión dun mes anúnciase un investimento de case un millón de euros para renovación de luminarias, que se suma os case 800.000 euros que se aprobarán en pleno do convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a mellora do saneamento na localidade de San Cristovo. Un total de case 1,8 millóns de euros que para o grupo de goberno municipal demostra “a implicación do Goberno do Estado”. Desde o Concello de Ribadavia agardan que as demais administracións como a Xunta de Galicia ou a Deputación de Ourense teñan a “mesma implicación” coa veciñanza de Ribadavia e que “se involucren co noso Concello como o están facendo desde o Goberno central”, así están xa demandados a Xunta e Deputación diferentes proxectos de investimentos para Ribadavia.