Medio Ambiente reúnese cas asociación veciñais para tratar o tema dos okupas

11,30 h.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reunirase coas asociacións de veciños para abordar a ocupación ilegal de vivendas. Na sala de xuntas da Consellería (1º andar). foto xoán crespo 21/09/2020

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión esta mañá con representantes de asociacións veciñais de Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol co obxectivo de coñecer de primeira man a súa opinión sobre a ocupación ilegal de vivendas.

Neste sentido, a conselleira asegurou que a ocupación ilegal de inmobles non se trata só dun problema de “orde pública e social” senón tamén de “seguridade xurídica” pola indefensión que supón para os lexítimos donos destes inmobles.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con este obxectivo, precisamente, Ángeles Vázquez trasladoulles aos representantes dos colectivos veciñais que o pasado venres solicitou por carta unha reunión co delegado do Goberno en Galicia para falar deste asunto.