A Xunta reparte protección contra o coronavirus en Ourense

A Xunta, a través da delegación territorial de Ourense, leva repartido esta semana entre os concellos da provincia 40.400 unidades de protección contra o coronavirus para atender ao persoal que segue desenvolvendo funcións nos distintos servizos municipais.
Concretamente, nesta primeira semana de envíos repartíronse 3.350 mascarillas, 35.380 pares de guantes, 1.575 traxes (EPIS), 30 gafas e 60 batas. Ademais, tamén se distribuíron máis de 115 litros de xel hidroalcoolico, 131 unidades de xabón e preto de 760 litros de lixivia.
Este reparto de material é unha das funcións asignadas ao Posto de Mando Avanzado (PMA) constituído hai unha semana para coordinar todas as accións na provincia durante o estado de alarma polo coronavirus co obxectivo de mellorar a coordinación cos concellos na loita contra o COVID-19.
Ademais, desde a Delegación Territorial se organizou tamén a actuación do Servizo de Defensa Contra Incendios para levar a cabo diariamente a desinfección dos exteriores das residencias de maiores e discapacitados e dos centros de saúde.
O Posto de Mando Avanzado está composto pola delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, secretaria territorial, representantes de todas as xefaturas territoriais e representantes de emerxencias e da policía autonómica.
O Punto de Mando Avanzado tamén está organizando a distribución do material a concellos, GES e UPA, cando se dispoña do mesmo, de acordo coas necesidades e instrucións establecidas polo CECOPI (Centro de Coordinación Operativo Integrado).