O concello do Irixo homenaxea ao deportista e veciño Roi Freixedo

O salón de plenos do Concello de O Irixo acolleu hoxe  a homenaxe o xoven deportista irixense Roi Freixedo. Ven de consolidar a súa carreira deportiva cunha medalla de bronce no pasado campionato de España, que se celebrou no mes de novembro no Centro de Tecnificación Deportiva de Pradosalobre en Lardero (La Rioja). Neste pasado ano tamén engrosou o seu palmarés co título de campión galego de Aire comprimido de Xóvenes Promesas por equipos.

A corporación municipal desexa agradecer o compromiso de Roi e a súa familia levando o nome de O Irixo por os campionatos deportivos españois. Así mesmo, queren apoiar a xoven promesa na súa carreira e por elo se recoñece a labor e se agasalla o deportista con material deportivo.

AVANTAR ACTIVIDADES

PALMARÉS DE ROI FREIXEDO GONZÁLEZ  – Licencia de Tirador Nº 9301

DEPORTE: TIRO OLÍMPICO

MODALIDADES: PISTOLA PRECISIÓN e PISTOLA ESTÁNDAR

Terceiro posto no Ranking Nacional de Xóvenes Promesas 2023

CATEGORÍA: CADETE

COMPETICIÓNS OFICIAIS:

  • Bronce no Campionato de España de Jóvenes Promesas, celebrado do 3 ao 5 de novembro de 2023 no Campo de Tiro do Centro de Tecnificación Deportiva de Pradosalobre en Lardero (La Rioja).
  • Cuarto da Copa SAR Princesa de Asturias, celebrado do 27 ao 30 de xullo de 2023 no Club Principado de Tiro Olímpico en Oviedo (Asturias).
  • Ouro no Campionato Galego de Aire Comprimindo de Xóvenes Promesas, celebrado o 10 de setembro de 2023 na Casa do Deporte de Lugo (Lugo).
  • Ouro no Campionato Galego de Aire Comprimido de Xóvenes Promesas por equipos, celebrado o 10 de setembro de 2023 na Casa do Deporte de Lugo (Lugo).
  • Ouro no Campionato Provincial de Aire Comprimido de Xóvenes Promesas, celebrado o 10 de xuño de 2023 na Casa do Deporte de Lugo (Lugo).

A maiores da súa categoría en Xóvenes Promesas, tamén participou nas categorías absolutas acadando os seguintes resultados:

CATEGORÍA: JUNIOR

COMPETICIÓNS OFICIAIS:

  • no Campionato Galego de Pistola Aire Comprimido celebrado o 15 de outubro de 2023 no Centro de Tiro Olímpico Eiroás (Ourense).
  • no Campionato Galego de Pistola Aire Estandar celebrado o 5 de marzo de 2023 no Club de Tiro Olímpico da Larcha (A Coruña).
  • no Campionato Galego por equipos de Pistola Aire Estandar celebrado o 5 de marzo de 2023 no Club de Tiro Olímpico da Larcha (A Coruña).
  • no Campionato Provincial de Pistola Aire Estandar celebrado o 26 de febreiro de 2023 na Casa do Deporte de Lugo (Lugo).
  • no Campionato Provincial de Pistola Aire Comprimido celebrado o 22 de xaneiro de 2023 na Casa do Deporte de Lugo (Lugo).

CATEGORÍA: SENIOR

COMPETICIÓNS OFICIAIS:

  • Bronce no Campionato Galego Pistola Aire Equipos de Clubes, celebrado o 29 de outubro de 2023 no Club de Tiro Olímpico da Laracha (A Coruña).

COMPETICIÓNS SOCIAIS:

  • Terceiro no Encontro Galaico-Portugués Equipos Pistola Aire, celebrado o 29 de outubro de 2023 no Club de Tiro Olímpico da Laracha (A Coruña).