Os veciños de Loiro recurrirán á valedora do pobo ante o trato recibido do concello de Barbadás no tocante ao servizo de saneamento

Espazo Común de Barbadás adxunta a seguinte nota informativa:

Publicidade

Os veciños de Loiro recurrirán á valedora do pobo ante o trato recibido do concello de Barbadás no tocante ao servizo de saneamento

Dende hai uns meses, o ente municipal pasou a cobrarlles o suministro de auga pero sen prestar o resto de prestacións obrigatorias.

A obriga de resolver o acceso ao alcantarillado mediante bombeo particular, xera aos afectados unha serie de gastos engadidos.                                                                               

Os veciños da parroquia de Loiro no Concello de Barbadás, amosanse fondamente molestos co goberno municipal de Barbadás polo que consideran unha clara discriminación e unhna falla de atención con respecto aos seus dereitos.

Dende hai uns meses, o organismo municipal pasou a cobrarlles a través dunha empresa privada a xestión da auga, colocando contadores en tódalas vivendas.

Sen embargo, ignorou e ignora a obriga que ten de prestar o resto de servizos relaciónados co ciclo integral de auga, entre os que se conta, por lei, o do saneamento.

Así, a día de hoxe, neste núcleo, hai varias casas, nas rúas Principal, Cachavella e Checoira que non contan cun alcantarillado que sí se lles cobra nas facturas da antedita empresa.

Sen embargo, son eles mesmos os que teñen que facerse cargo dos gastos de electricidade, limpeza e averías que lles ocasiona o ter que arranxarse polos seus propios medios.

Se nas vindeiras semanas o Concello de Barbadás segue a obviar as súas xustas demandas, dirixiranse á Valedora do Pobo para esixir que os seus dereitos sexan recoñecidos e respectados.