Así o trasladou o presidente provincial, Luis Menor, tralo encontro mantido co novo presidente da Federación Galega de Caza en Ourense, Vicente Lameiro, con quen analizou estas futuras liñas de colaboración
Neste sentido, Luis Menor destacou a importancia da caza na provincia, unha actividade que “axuda a reducir os prexuízos que provoca o descontrol cinexético, de modo particular con especies como corzos e os xabarís”
Ourense, 15 de maio de 2026.
A Deputación de Ourense colaborará coa Federación Galega de Caza en Ourense na prevención de lumes e nas iniciativas que teñan como obxectivo reducir o número de accidentes de tráfico provocados pola presenza de animais na calzada.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Así o trasladou o presidente provincial, Luis Menor, tralo encontro mantido co novo presidente da Federación Galega de Caza en Ourense, Vicente Lameiro, a quen felicitou polo traballo realizado durante o curto período de tempo que leva á fronte do colectivo.
Luis Menor destacou a importancia da caza na provincia, unha actividade que “axuda a reducir os prexuízos que provoca o descontrol cinexético, de modo particular con especies como corzos e os xabarís”.
O presidente provincial comprometeuse a colaborar cos tecores ourensáns, a través da Federación, cunha axuda económica destinada a “unha actividade que desde o goberno provincial consideramos prioritaria como é a limpeza dos montes”, para evitar os lumes e a proliferación de especies como as citadas.
Así mesmo, comprometeuse a reforzar os traballos para manter limpas as marxes das estradas provinciais, “favorecendo a detección temperá de animais nas inmediacións da calzada, o que axudará a reducir sinistros de tráfico”.
Pola súa parte, Vicente Lameiro agradeceu a disposición do presidente provincial á hora de aceptar as propostas realizadas polos técnicos da federación, “que repercutirán positivamente nos tecores, que son os que mellor coñecen o territorio”.
Así, dixo, a limpeza de terreos contribuirá a unha maior efectividade das actividades de control cinexético, mentres que o reforzo da limpeza nas marxes das estradas provinciais facilitará a visibilidade de animais como o xabaril e o corzo, que provocan ao redor de 1.700 sinistros de tráfico anuais en todas as estradas ourensáns.
Actualmente, dos 109 tecores existentes na provincia, 74 están incluídos na Federación. O presidente da mesma aspira a lograr a curto prazo que todos os tecores da provincia estean federados.

















