Orientación Laboral do Carballiño programa formación preparatoria para as probas de avaliación en Competencias Clave

Publicidade ASPADISI

O Servizo de Orientación Laboral do Concello do Carballiño programa e pon en marcha, de maneira gratuíta, a acción formativa preparatoria para as probas de avaliación en Competencias Clave.

Neste senso, apóiase a superación das probas, que se prevé terán lugar no Recinto Feiral da Fundación Semana Verde en Silleda (Pontevedra) a finais de xuño, e que lles dan acceso a cursar Certificados de Profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación.

HIPER MASIDE

Dita formación deu comenzo o 10 de maio nas instalacións da Academia Alba e rematará o vindeiro 10 de xuño, impartindo as materias de lingua galega, lingua castelá, matemáticas e inglés a un total de 30 alumnos/as.