O concello presenta descenso de casos. As altas sitúan a cifra total en 175 casos activos

A COMARCA DO CARBALLIÑO SITÚASE A DÍA DE HOXE NOS 233 CASOS DE COVID-19

Hoxe, o concello do Carballiño rexistra unha xornada de descenso nos casos activos a causa das altas, con 3 menos ca onte, ata situarnos nos 175. Os casos activos de coronavirus é a suma dos pacientes actuais, mais os contaxios novos do día, menos as altas médicas do día.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Carballiño segue a preocupar ás autoridades sanitarias pola súa evolución en aumento nos últimos días. As medidas restritivas vixentes seguirán en marcha ata o próximo martes, cando o comité se reunirá de novo para evaluar a situación.

Hoxe o concello de Boborás sobe 1 caso ata ós 27; é outro dos concellos no que preocupa o número elevado de casos. Beariz tamén sobe dous casos ata os 8 de hoxe e O Irixo un caso, ata situarse nos 11. Piñor baixa dos 3 casos activos a un só caso. Por outra parte, mamtéñense no mesmo número de casos Maside, con 3; Punxín con un caso, San Amaro con un caso e San Cristovo de Cea, con 6 casos.

Dende todos os concellos piden prudencia, que se limiten as saídas ó mínimo indispensable e esperan que a dureza das medidas adoptadas permitan estabilizar a situación nos próximos días.