BUSCAMOS 6 PARTICIPANTES, 5 PERSOAS MOZAS (18-30 ANOS) E 1 LÍDER DE GRUPO (SEN LÍMITE DE IDADE) PARA UN INTERCAMBIO XUVENIL QUE LEVA O NOME EUYOUGO III . PROXECTO FINANCIADO POLO PROGRAMA ERASMUS + EN FERREIRA DO ALENTEJO (PORTUGAL).
EU.YOU.GO – European YOUth Goals
A UE.YOU.GO III (2024) terá 2 actividades principais:
- APV (Visita Preparatoria Avanzada) realizada en Ferreira do Alentejo (Portugal), entre o 2 e o 5 de maio de 2024 (dias de viaxe incluídos).
- Intercambio Xuvenil que terá lugar en Ferreira do Alentejo (Portugal), entre o 11 e o 22 de xullo de 2024 (días de viaxe incluídos).
APV – (Advanced preparatory visit)
Durante a APV, representantes de cada organización socia e o formadores da entidade Check-IN terán a oportunidade de pasar 2 días no lugar do proxecto e preparar con detalle todos as cuestión prácticas do programa de intercambio xuvenil que acontecerá entre o 11 e o 22 de xullo.
A APV terá lugar do 2 ao 5 de maio de 2024.
Ao final da APV, os representantes dos países compartirán o programa, as tarefas e os próximos pasos co seu propio grupo de participantes de cada país.
YE – (Intercambio Xuvenil)
Durante o Intercambio Xuvenil, todos os “lideres de equipo” que participaron no APV e as 5 persoas seleccionadas de cada páis que acompañarán aos “líderes de equipo” tendrán a oportunidade de traballar xuntos na temática do proxecto.
O Intercambio Xuvenil terá lugar do 11 ao 22 de xullo de 2024.
Este proxecto busca dar as persoas participantes novos puntos de vista sobre os Obxectivos da Xuventude Europea, a través da arte que máis tarde será visibilizada á comunidade local mediante a escultura, danza, teatro e música.
A UE.YOU.GO III (2024) procura concienciar a mocidade sobre o futuro de Europa. O obxectivo principal deste proxecto é saltar fronteiras, cruzar barreiras sociais e económicas e atopar valores comúns entre culturas vastas, abrindo a mente dos mozos á interculturalidade e aos Obxectivos da Xuventude Europea.
YOUTH GOALS
Os 5 obxectivos estruturais de Check-IN entre 2021 e 2027 son: YG1 – Unión Europea Conectada coa Xuventude
YG3 – Sociedades Inclusivas
YG4 – Información e diálogo construtivo YG6 – Impulsar a Xuventude Rural
YG8 – Educación de calidade
YG11 – Organizacións xuvenís e programas europeos
O PROXECTO ESTÁ APOIADO POR: Erasmus+, KA1: Mobilidade de Persoas, Axencia Nacional Portuguesa.
Información sobre Erasmus+: Erasmus+ é o programa da Unión Europea para a educación, a formación, a xuventude e o deporte, que ofrece oportunidades de aprendizaxe ao longo da vida. Pretende promover a mobilidade e a cooperación entre países europeos, ademais de apoiar a modernización dos sistemas de educación e formación.
www.ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/index_pt.htm
SOCIOS INTERNACIONAIS
Haberá 5 países diferentes. Youthfully Yours (Grecia) Associazione Agrado (Italia) IAiRS (Polonia)
Omix – Municipality of Ribadavia (España) Associação Check-IN (Portugal) PARTICIPANTES
PARA A APV: 1 participante de cada país (líder de equipo).
PARA O YE: 6 participantes de cada país = 5 participantes (entre 18 e 30 anos) + 1 líder de equipo (sen límite de idade).
METODOLOXÍAS
Empregaremos ferramentas non formais, vídeos, xogos de simulación, exercicios teatrais, xogos, vivenciais, coaching e aprendizaxe autodirixido, coidando de proporcionar un forte impacto experiencial nos participantes e organizacións.
Despois dos primeiros 2 días de actividades (centrados en coñecernos, cooperación en equipo, Erasmus + e o tema dos Obxectivos da Xuventude Europea), haberá talleres relacionados cos temas mencionados anteriormente. Cada participante elixirá en que grupo desexa participar.
Haberá 4 temas diferentes para os talleres:
- Danza
- Teatro
- Música
- Performance Art
Ferreira do Alentejo, tamén coñecida simplemente como Ferreira, é unha vila portuguesa pertencente ao distrito de Beja, na rexión do Alentejo e subrexión do Baixo Alentejo.
A aldea de Ferreira do Alentejo está situada a uns 24 km da cidade de Beja, capital do distrito. Atópase nunha pequena cota, a uns 141 m sobre o nivel do mar, preto da Charneca da Asseiceira e do Planalto das Naves, ao borde de vastas chairas.
Mais información e inscricións: Manuel Araujo Montero 607577037. Técnico de Xuventude do Concello de Ribadavia: omix.ribadavia@gmail.com