Ribadavia autoriza o proxecto de rehabilitación de dúas vivendas públicas.

A Comisión do Plan Especial do Casco Histórico do Concello de Ribadavia aprobou o Proxecto Básico de Rehabilitación dun edificio da Xunta para dúas vivendas públicas.O de hoxe é o segundo proxecto aprobado, despois do do mes de novembro, que tamén contemplaba outras dúas vivendas. 
Ribadavia a 14 de marzo 2023.
A edificación situase na praza de San Xoán, nº3, tratase dun inmoble adquirido pola Xunta en 2021 a través do IGVS e cuxo proxecto fora adxudicado en setembro de 2022, xunto con outro ubicado na praza García Boente, que aínda se atopa en fase de redacción e que en breve será ditaminado tamén pola Comisión do Plan Especial do Casco Histórico. 


Ambos foran adxudicados por un total de 121.115 euros para a redacción dos seus proxectos de rehabilitación, e adquiridos ao amparo do Programa Rexurbe por un importe de 238.000 euros pola Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. 
A Comisión PERI ven de dar luz verde a esta rehabilitación que permitirá ofertar dúas vivendas públicas en Ribadavia, ao mesmo tempo que posibilitará o remate desta edificación situada na praza de San Xoán ao carón da igrexa románica e que se atopa desde fai anos en fase de construción parada.Esta edificación ten a fachada principal na praza de san xoán, mentres que a fachada lateral limita coa horta e xardín da igrexa e da casa reitoral de Ribadavia. O proxecto contempla o retranqueo da fachada, permitindo liberar a esquina da actual vivenda adosada á torre campanario, buscando darlle maior visibilidade e protagonismo á torre campanario. 
– A esta nova rehabilitación, hai que sumarlle o Proxecto do inmoble da rúa Cervantes, nº 16, aprobado na Comisión de novembro e que actualmente atopase xa en fase de execución, polo que se atopa na última fase antes da súa adxudicación.
– Estas 2 actuacións, praza San Xoán e Rúa Cervantes, xa aprobadas na Comisión PERI súmanse a outras en marcha en Ribadavia, como é a que se levará a cabo no inmoble da praza García Boente, cuxo proxecto tamén se atopa en fase de redacción e que será a próxima en acudir a esta Comisión. Esta edificación é a de maior tamaño e contempla 5 vivendas. 
– Ademais, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) ten adquiridas 4 inmobles máis no marco da oferta pública de adquisición tamén do programa Rexurbe 2022, dúas na Travesía da Portanova, outra na rúa Portanova de arriba, e unha cuarta na rúa de Santiago. 
Desde o Concello, Brais Fidalgo, portavoz do goberno e responsable do casco histórico, reitera o seu agradecemento ao IGVS pola súa aposta pola rehabilitación do conxunto histórico de Ribadavia coa adquisión dun total de 7 inmobles nesta lexislatura, que supera os 350 mil euros.Una vez rehabilitados os inmuebles, as viviendas resultantes serán adxudicadas en réxime de aluguer cun prezo reducido para todas as persoas inscritas no Rexistro do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
O Concello de Ribadavia puxo en marcha moitos proxectos de mellora e rehabilitación do casco histórico nestes dous últimos anos, non só no marco do programa Rexurbe grazas á Xunta senón tamén coa recuperación dos inmobles en situación de ruína que pertencían ao Concello desde fai décadas.

AVANTAR ACTIVIDADES

PS. Axuntanse 4 imaxes do inmoble da Praza de San Xoán  e dúas do inmoble da rúa Cervantes.