O concello de Boborás programa unha segunda liña de axudas pola covid, cunha contía maior

O Concello de Boborás pechou o pasado día 12 de febreiro o prazo para a presentación de solicitudes para a primeira convocatoria de axudas relacionadas ca covid. A esta subvención presentáronse 14 solicitudes das 16 existentes no concello, no que hai 15 autónomos e unha PEME.  Cada un recibirá 300 euros de axuda, ascendendo a un total de 4.800 euros a cantidade presupostada, que non se entregará íntegra. Estas axudas serán compatibles coas autonómicas e demais organismos.

Publicidade

Dende o concello anuncian que xa están traballando para sacar unha nova convocatoria de axudas, aínda sen concretar se será propia ou en conxunto ca Xunta de Galicia, para a que anuncia que aumentarán a contía económica.

 O grupo de Goberno toma esta decisión para apoiar os sectores máis castigados pola Covid-19, coma bares, restaurantes e casas de turismo rural.