A área de igualdade programa actividades culturais e deportivas para as mulleres do rural

O Día Internacional da Muller Rural foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 2007 co obxectivo de recoñecer á muller rural pola súa contribución no
desenvolvemento rural e agrícola, a erradicación da pobreza e a mellora na seguridade alimentaria. A ONU fai un chamamento ós estados para mellorar a súa condición, prestando atención ás súas necesidades.
No Carballiño, dende o concello manteñen un contacto directo con todas elas, para abordar as súas necesidades. Ademais, programan para finais deste mes implementar actividades como teatro, ioga ou ximnasia. As actividades chegarán a todas as
parroquias, e so será necesario preguntar por elas nas asociacións de veciños de cada unha.

Publicidade

A prioridade dende a área de igualdade é ofrecerlles este ano, máis ca nunca, un acompañamento e diversidade de actividades, logo de pasar unha pandemia máis alonxadas ca nunca das áreas urbanas.