Para o Concello de Ribadavia é unha satisfacción contar con novos veciños e veciñas, asegurando que sos os veciños e veciñas de Ribadavia os que lle dan a motivación e a forza para traballar día a día a prol da mellora dos servizos públicos, e para conseguir que Ribadavia sexa un lugar mellor para vivir. Para o concello é importante a fixación de poboación, por iso, desde xaneiro de 2020 todos os meses entregaron un agasallo de benvida a todos os novos bebes, para así compartir con eles a ledicia da chegada dun novo membro as vosas familias.