A Xunta destaca a Festa do Cabalo de Maside como exemplo de motor económico e dinamización do rural

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Maside (Ourense), 18 de agosto de 2024.- O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asistiu hoxe á entrega de premios da XXXI Festa do Cabalo de Maside, celebrada na paraxe natural de Puzo do Lago, no lugar de Negrelle.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Alí, José González puxo en valor esta tradicional cita equina que xa forma parte da tradición e da riqueza cultural do concello de Maside e que congrega cada ano a numerosos afeccionados e espectadores para participar dun programa de actividades que inclúe diferentes competicións e exhibicións, así como rutas a cabalo e xantar popular.

O titular de emprego salientou esta iniciativa como un claro exemplo do dinamismo do rural galego e da capacidade económica e turística do sector cabalar para seguir xerando riqueza e atraendo poboación.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------