O Psdeg-Psoe de Ourense destaca o “gran traballo” levado polo goberno de Pedro Sánchez para “reactivar” a provincia de Ourense

O Goberno central mobilizará máis de 84 millóns de euros en infraestruturas vitais na provincia como a Circunvalación de O Barco ou a autovía A-56 que unirá Ourense con Lugo

VIDEO

A candidata Marina Ortega resalta tamén “a importancia” das medidas centrais aprobadas polo Goberno e subliña que “namentres Feijóo dedicou a crise a facer campaña, os socialistas optamos polas persoas e porque ninguén quedase atrás”

AVANTAR ACTIVIDADES

AUDIO

O PSdeG-PSOE de Ourense destaca o “gran traballo” levado a cabo polo goberno que encabeza o PSOE, na figura do presidente Pedro Sánchez, para “reactivar” á provincia de Ourense. Os socialistas destacan a reactivación de importantes obras para a provincia, como son a Circunvalación de O Barco ou a autovía A-56 que unirá Lugo e Ourense, ademais das inversións realizadas en materia de conservación. Infraestruturas as que hai que sumar as obras ferroviarias que conectarán a provincia coa meseta a través da alta velocidade (AVE) e que seguen a avanzar con notoriedade “tras anos de desleixo e abandono do proxecto por parte do PP”, subliña a candidata dos socialistas ourensás e cabeza de lista o Parlamento de Galicia, Marina Ortega, quen tamén apuntou que estas obras son de “vital importancia” para o fluxo comercial e económico na provincia de Ourense.

Pero non só en materia de infraestruturas está traballando o Goberno central para reactivar a provincia de Ourense. “Durante a crise provocada pola pandemia da COVID-19, o Estado activou o paquete de medidas sociais e económicas máis importante da historia do noso país”, afirma a socialista Marina Ortega, quen destaca a súa vez a “importancia” destas medidas que “buscan que ninguén quede atrás” durante a crise sanitaria.

Ortega quixo facer fincapé tamén no traballo do Goberno central fronte a unha Xunta “desaparecida” cun Feijóo “máis pendente de buscar a confrontación constante e que dedicou a crise do coronavirus a facer campaña política e coa mente posta única e exclusivamente nas eleccións”. Ante este “desleixo” de Feijóo os galegos e as galegas, “os socialistas optamos por políticas e medidas de gran calado social para que ninguén quede atrás”, apunta a candidata socialista.

Entre as medidas aprobadas polo Goberno están os ERTES para empresas da provincia e pequeno comercio, que en Ourense supuxo o pagamento de axudas a máis 30.000 persoas nesta situación cunha inversión de máis de 26 millóns de euros. Tamén atopamos paro especial para aquelas persoas que non reúnan as condicións para percibir o 80% do IPREM; as prestacións para empregadas no fogar, a moratoria do pagamento de impostos para traballadores e traballadoras por conta propia e PEMES e a axuda a autónomos, cubrindo o Estado o 70% da base de cotización dos mesmos.

Máis de 84 millóns de euros reactivados en infraestruturas

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense destácase tamén a reactivación das obras en infraestruturas claves e vitais para o futuro das comunicacións e que axudarán a reactivar a economía na nosa provincia. Trátase da xa mencionada Circunvalación de O Barco, cun investimento de 47,2 millóns de euros, a autovía A-56 por un importe de 30 millóns ou as inversións en obras de conservación en Ourense, Cenlle e A Gudiña. “Unha crise de tal magnitude conleva medidas transversais para a posta a punto dunha reactivación sen precedentes para unha provincia que o precisa máis que nunca”, finaliza Marina Ortega.

A reactivación da provincia continúa tamén a través de programas estatais en materia agrícola, onde o Estado transferiu á Xunta de Galicia 12 millóns de euros para realizar investimentos, na súa maioría, no Plan de Desarrollo Rural.