O salón de plenos acolleu hoxe a presentación dunha conferencia, cun estreo dunha proxección no Templo da Veracruz, dentro do programa Atlas Palacios que está a desenvolver o Concello do Carballiño con motivo do 150 aniversario do nacemento de Antonio Palacios.
Este novo evento será este venres, día 31, no Templo da Veracruz, a gran obra de Palacios. Trátase dunha conferencia do autor do proxecto Atlas Palacios, seguida dunha instalación audiovisual efémera na arquitectura interior e que rematará cun recital da Coral Polifónica do Casino. Trátase dunha maridaxe entre imaxe e sonido.
Para o párroco do Carballiño é un pracer poñer o templo a disposición destas iniciativas, apoiando a simbiose de fe e cultura como neste caso.