O delegado territorial da Xunta en Ourense destaca o potencial turístico de Galicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Gabriel Alén destacou que “Galicia está de moda gracias a un modelo que fuxe das masificacións e que aposta por fórmulas tranquilas que combinan natureza, gastronomía, patrimonio e sobre todo un entorno e un destino seguro”

O delegado territorial, que mantivo un encontro esta mañá co seu presidente, Alejandro Rubín, e membros da directiva na Delegación Territorial da Xunta, agradeceulle o seu traballo a prol do fomento da cooperación entre destinos no sector turístico

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou este serán nunha xornada internacional sobre cooperación turística internacional, ‘Os proxectos de cooperación turística internacional como motor de desenvolvemento económico’, e na posterior entrega de recoñecementos internacionais á cooperación turística, organizado pola Asociación Internacional para la Cooperación Turística (Asicotur).

O delegado territorial puxo en valor a dinamización do turismo galego e a importancia da celebración destas xornadas de encontro do sector; e indicou que os novos retos aos que se enfronta o sector turístico, como son a globalización e a competitividade, fan que este tipo de congresos sexan indispensables, xa que permite intercambiar información entre os diferentes actores do sector e analizar as melloras que se poden realizar.

Gabriel Alén destacou o potencial turístico que ten Galicia, incidindo en que “Galicia está de moda gracias a un modelo que fuxe das masificacións e que aposta por fórmulas tranquilas que combinan natureza, gastronomía, patrimonio e sobre todo un entorno e un destino seguro”; e tamén fixo fincapé no papel de Santiago de Compostela como meta da peregrinación internacional dende o século XI, consolidándose actualmente como un destino seguro e de calidade.

“Somos unha comunidade punteira na oferta dun turismo aberto – engadiu o delegado territorial- , sen masificacións, con paisaxes salvaxes e una natureza sen igual ou con ofertas gastronómicas e vitívinicolas de recoñecemento internacional, por citar algúns dos nosos encantos”.

Polo tanto, sentenciou Gabriel Alén, “apoiamos iniciativas como esta, que mediante a colaboración público-privada, foméntase o intercambio de ideas así como a xeración de redes de comunicación entre as diferentes empresas e actores, na procura de solucións conxuntas ás novas inquedanzas ás que nos enfrontamos”.

O representante do Goberno galego, que mantivo un encontro esta mañá co seu presidente, Alejandro Rubín, e membros da directiva na Delegación Territorial da Xunta, agradeceulle o seu traballo a prol do fomento da cooperación entre destinos no sector turístico, incluíndo proxectos de asistencia para o lanzamento do turismo entendéndose estes como procesos de cooperación ao desenvolvemento e a súa continua transferencia de coñecemento turístico entre destinos turísticos do mundo.