Música coral e teatro afeccionado esta fin de semana no Carballiño

A 40ª edición do Festival de Música Galaico Portugués, que organiza a Coral Polifónica do Casino terá lugar mañá sábado, no Auditorio Manuel María ás 20:00 horas.

O secretario da Coral, José Antonio Barge, falou da orixe do evento e destacou a presenza este sábado da Coral Aures Cantibus de Zamora, a Coral Polifónica de Chantada e Coro da Ordem dos Médicos de Oporto, que ademais coñecerán a vila e a súa gastronomía. Tamén actuará a Coral do Casino, o coro organizador.

AVANTAR ACTIVIDADES

En nome de todo o grupo, a vicepresidente Pilar Caballero convidou a todos a desfrutar da música, nun evento de entrada libre. Para a Coral do Casino este festival é algo senlleiro, non que non so intercambian música, se non tamén culturas.

XVI Mostra de Teatro Amador

O Carballiño acollerá en outubro e novembro a XV edición da Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón, organizada polo grupo de teatro Tiruleque co patrocinio da Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño.

A mostra dará comezo este domingo, ás 20:00 horas no Auditorio Manuel María. A primeira obra en saír a escena será “O Randiña”, da compañía Pico do Castro. O presidente do grupo de Teatro Tiruleque adiantounos un pouco do que poderemos desfrutar sobre o escenario.