O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a normativa pola que se regula a convocatoria e elaboración das listas para a provisión temporal de posto de traballo de auxiliar de axuda no fogar no Concello de Ribadavia. O prazo de presentación das solicitudes é de 15 días hábiles seguintes, que contarán desde que se publique este anuncio. Poderanse formular no Rexistro Xeral do Concello de Ribadavia. As solicitudes presentaranse de conformidade co que dispoñen as bases, no Rexistro Xeral do Concello. As bases poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios do Concello, en horario de oficina, durante o prazo de presentación das solicitudes.