O Concello apoia a celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI

O CONCELLO APOIA A CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBI, PERO QUE NON COLGARÁ A BANDEIRA COAS CORES DO ARCO DA VELLA NO BALCÓN DA CASA CONSISTORIAL ANTE A PROHIBIÓN DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

Publicidade

Ante a celebración este domingo, 28 de xuño, do Día Internacional do Orgullo LGTBI, o concello do Carballiño quere manifestar a súa solidariedade e apoio ás reivindicacións deste colectivo.

En consonancia co comité organizador do Orgullo Estatal LGTBI, quere homenaxear a toda a cidadanía e trasladar unha mensaxe global de forza, apoio, visibilidade e esperanza, especialmente, a todas as persoas do colectivo LGTBI que máis están sufrindo esta emerxencia socio-sanitaria polo covid 19.

Non obstante, o concello, ante a prohibición do Tribunal Constitucional de lucir nas fachadas dos edificios públicos bandeiras que non sexan oficiais, como é o caso da bandeira coas cores do arco da vella, distintiva do colectivo gay, renuncia a colgala no balcón da casa consistorial, como se fixo durante os últimos anos.