O Bng pide a Psoe que cumpra coas demandas galegas de mellora do tren

BNG lamenta que o  PSOE galego esixa á Xunta que repague o que o PSOE de Madrid lle nega a galegos e galegas e que empregue a defensa dos intereses galegos  e galegas para difamar ao BNG.

A formación nacionalista insta ao PSOE  a priorizar os intereses das galegas e galegos por riba  da defensa de Pedro Sánchez.

AVANTAR ACTIVIDADES

OURENSE 25 de xuño de 2021. Ante as desinformacións vertidas polo PSOE de Ourense contra o BNG,  o BNG sinala que esta organización abstívose na votación relativa as subvencións propostas polo PSOE tal como reflexará a acta de sesións de plenos da Deputación de Ourense  do día 25 de xuño de 2021, votación realizada ás 13:26 horas.

Tal como explicitou o BNG no debate, esiximos a redución das tarifas do AVANT OURENSE-CORUÑA, como así se acordou no Parlamento galego a instancia de Noa Presas, parlamentaria do BNG.  O BNG esixe os mesmo dereitos para Galiza e para Ourense goberne PP ou goberne o PSOE.

No que non concordamos coa moción do PSOE é que os fondos para esta redución teñan que ser da Xunta de Galiza cando as competencias ferroviarias son competencia exclusiva do Goberno do Estado, e polo tanto xa é financiado con cartos dos galegos e galegas que pagamos a facenda. Polo tanto tense que abartar o prezo e esta é unha decisión exclusivamente política.

O único que demostra esta campaña do PSOE de difamación contra o BNG é o seu nerviosismo e un valdío intento de tapar as vergoñas dun PSOE que está facendo as mesmas políticas ferroviarias  que o PP, ignorando os compromisos de mellora do tren en Galiza.

O grave non é que o PSOE se trabuque de inimigo o grave é que cando defende a Pedro Sanchez, esquecense dos galegos e galegas e dos ourensáns e ourensás.

ACORDOS PARLAMENTARIOS DE 2018 E 2019

–        Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 7 de febreiro de 2018

1.       Esixir do Goberno  central unha equiparación das políticas e modalidades tarifarias en todo o territorio galego para evitar a actual e evidente situación de discriminación  que se ve en función do lugar de residencia dos galegos e galegas.

2.      Solicitar do Goberno central unha amliacion das frecuencias horarias desde Ourense para mellorar a comunicación con Compostela e A Coruña.

3.      Reformular  os  termos  e  condicións  dos  bonos  de  transporte  Abono  Tarxeta Plus, Tarxeta Plus 10 e Tarxeta Plus 10 Estudantes para aumentar o período de uso que rexe a partir da data da primeira formalización da reserva, de forma que se poida empregar en máis tempo que na actualidade. 

4.      Ampliar a frecuencia horaria da liña rexional Ourense -Santiago para mellorar a mobilidade e entre as poboacións intermedias de acordo coa demanda”.