O xurado concede o V Premio Ágora do Orcellón á doutora María Luisa Crespo Leiro

Xurado do V Premio Ágora do Orcellón. De esquerda a dereita:Carmen Martínez, Antón Pulido, Emilio Fernández, Avelino Muleiro, Carmen Rodríguez, Xesús Gulías e Luis de Luis Gallego.

Publicidade

En Vigo, reunido o xurado do V Premio Ágora do Orcellón, composto polos seguintes membros:

Presidente:

            Avelino Muleiro García (filósofo e director do Instituto de Estudios Carballiñeses)

Vogais:

            Emilio Fernández Vázquez (xurista)

            Jesús Gulías Lamas (antrolólogo)

            José Luis de Luis Gallego (criminólogo)

            Mª Carmen Martínez Santos (bióloga)

            Antón Pulido Novoa (pintor)

E, actuando como secretaria:

            Carmen Rodríguez Cabanas (filóloga)

            Acordamos conceder o V Premio Ágora do Orcellón á doutora María Luisa Crespo Leiro, en base aos seguintes méritos:

  • Académicos:
    • Doutora en Medicina pola Universidade Autónoma de Madrid
    • Especialista en cardioloxía polo Hospital Puerta de Hierro de Madrid
  • Profesionais:
    •  
    • Profesora na Universidade de A Coruña
    • Responsable da Unidade de Insuficiencia Cardíaca Avanzada e Transplante Cardíaco no CHUAC
    • Colaboradora do Centro de Investigación Biomédica na Rede Cardiovascular CIBERCV, pertencente ao Instituto de Salud Carlos III
    • Coordinadora do Grupo de Investigación de Insuficiencia Cardíaca Avanzada e Transplante Cardíaco do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña
    • Articulista destacada en PubMed
    • Membro Honorario Internacional da Heart Failure Society of America (HFSA), en recoñecemento aos seus logros profesionais, á súa capacidade de liderado e ás contribucións á sociedade no eido da insuficiencia cardíaca
    • Colaboradora de cursos de formación de enfermería online
    • Membro do grupo de traballo Building Research Initiative Group: Chronic Illness Management and Adherence in Transplantation (BRIGHT)
  • Humanos:
    • Serán tamén as súas cualidades humanas, a súa entrega e dedicación aos pacientes e o seu compromiso coa Sanidade pública as que a fan merecedora deste premio (cualidades recoñecidas con anterioridade polos seus compañeiros do Colexio Médico de A Coruña ao concederlle a máis alta distinción deste organismo: a medalla de ouro e brillantes por unanimidade; ou o nomeamento do Concello de San Cristovo de Cea de Filla Predilecta).