O vindeiro sábado, 25 de abril, terá lugar unha xornada informativa sobre vivenda organizada polo PP de Ourense. O evento desenvolverase na Casa da Cultura (Praza Antón Losada, 1) a partir das 11.00 h.
Programa:
- 11.00 h: Presentación a cargo de Benito Iglesias Padrón, coordinador da Área de Vivenda e Urbanismo do PP de Ourense.
- 11.10 h: Intervención de Sonia Ogando Vázquez sobre “O dereito á vivenda. Problemática actual e inseguridade xurídica”.
- 11.20 h: Pilar Fernández León abordará as “Axudas e medidas para facilitar o acceso á vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia”.
- 11.40 h: Clausura coas intervencións de:
- José Rafael Castro-Gil Seijas, voceiro do Grupo Municipal do PP de O Carballiño.
- Alberto Pazos Couñago, portavoz do PPdeG no Parlamento de Galicia.
- Luis Menor Pérez, presidente do Partido Popular de Ourense.
A xornada está aberta a todas as persoas interesadas na situación actual da vivenda e nas axudas existentes para o seu acceso en Galicia.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















