O F.S. Carballiño xoga a semifinal do Playoff de ascenso mañá sábado

IES CHAMOSO LAMAS

O pavillón de deportes Paco Chao acollerá esta sábado día 5, ás 16:00 horas, o partido de ida dentro do Playoff de ascenso a Segunda Federación, en fase de semifinais. O encontro será entre o equipo sénior GRI Fútbol Sala Carballiño fronte o IES Coruxo Fútbol Sala. O equipo carballiñés anima a que os veciños acudan a animalos, xa que este partido é un dos importantes desta tempada e que marcará o futuro doe quipo.