Vilar de Santos recupera o San Xoán: a importancia da comunidade e do patrimonio.

Esta I romaría de San Xoán de Saá busca recuperar unha das festividades que marcan de
forma especial ao concello vilarsantés. A ubicación de Saá amosa a aposta polo valor do
patrimonio cultural. A escolla de Saá non foi algo casual, senón que incide na recuperación de parte da nosa memoria, xa que a Igrexa de San Xoán, datada no século XII, foi trasladada dende esta aldea ate a súa actual localización en Vilar de Santos a mediados do século XX.
Ademais, tamén é unha aposta por seguir crecendo en comunidade, xa que albergará o
espiritú popular que caracteriza a esta festa. A celebración consistirá nunha cea que terá
lugar o 23 de xuño a partires das nove da noite. Nela non faltarán as sardiñas, a queimada, o son da foliada, nin o salto á cacharela para espantar o meigallo.
A motivación dos veciños e veciñas organizadoras do evento vai máis alá dunha simple cea, xa que pretenden poñer en valor “o noso patrimonio arquitectónico, a nosa cultura e a nosa historia”. Alén diso, queren sentar precedente na súa realización e que cada ano se sumen novas actividades que incorporar a romaría de San Xoan de Saá.
A venda tickets estará dispoñible nos seguintes establecementos: o Centro Social, o
Supermercado do Aldo, a Arca da Noe e a Zona Franca