Contacontos sensorial, este venres na Biblioteca Municipal

Publicidade ASPADISI

O próximo venres, 2 de outubro, ás 17,00 h  haberá  un obradoiro diferente e divertido na Biblioteca Pública Municipal dentro do programa “Ler conta moito”.

Trátase dun contacontos sensorial  impartido por Eduvia Xestión Cultural. Está dirixido tanto a colectivos especiais como a nenos e nenas de 0 a 4 anos.

HIPER MASIDE

As prazas son limitadas e moi reducidas, debido ás medidas de separación e seguridade pola covid 19.

Para inscribirse hai que chamar ao teléfono da biblioteca, ou ben enviar un correo ao email biblioteca@carballino.gal; no Facebook da biblioteca pública municipal ou un wassap ao 669645044.