O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase este venres ata o concello do Carballiño, instalada na Pista Vermella. Pola mañá estará entre as 10:00 horas e as 14:00 horas e pola tarde, dende as 16:00 horas ata as 21:00 horas.
Lembramos a importancia de colaborar ca doazón de sangue para manter as reservas dos hospitais.
Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.