Moita enerxía sen rentabilidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias


Hai uns días o xornal La Region afirmaba que esta provincia xenera  catro veces máis enexía derivada do  vento e a auga  que a capital do reino.  Nesa información tamén aparecía a comparanza do consumo dalgunhas  provincias  co de Madrid.  E os datos publicados son moi clarificadores. Pois segundo esa información  somos a segunda  provincia que máis enerxía producimos de todo o Estado.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta noticia tróuxome á memoria  o que  con frecuencia lle escoito a algúns  políticos. Ben sei  que  son ditos interesados que agochan  unha visión moi centralista e patrimonial do Estado. Pois veñen a dicir que somos unha provincia probe e que, polo tanto,  está subsidiada. Ou sexa somos deficitarios e grazas ó papel do pai estado vivimos.

Esta afirmación de parte fíxome lembrar que,  en España o réxime das autonomías nado da actual constitución, plantexou unha descentralización política e administrativa pra, entre outras cousas, mellorar o desenvolvemento dos diferentes  territorios. E creo que en algo favoreceu ás comunidades. Mais o réxime das autonomías  non permitiu a descentralización económica, mantendo as  excepcions de Euskadi e Navarra.  Pois,  calquera empresa que opera en calquera parte da península, pode facelo sen  manter a súa sede onde fai a súa actividade; o que implica   pagar os impostos onde se inscribe e non  onde opera. Co que a riqueza desa provincia ou comunidade non  revirte  onde se  extrae a materia prima ou fai o proceso industrial. E iso é, para os diferentes territorios ,  un fiasco moi  importante. Se hai un tempo, por poñer un exemplo, Fenosa estaba en Galicia e cotizaba nesta terra, agora  sigue a operar no mesmo territorio con outro nome,  máis cotiza en Madrid ou noutro lugar do Estado.

Pois ben,  Ourense produciu, segundo a informacion referida 2134 GWh (xigavatios-hora). Polo que somos  un dos productores  de enexía  electrica máis importantes de todo o Estado. A comunidade de Madrid que é a gran consumidora,  somente produce un tercio do que gasta. Esto  que afirmo tamén acontece  noutras actividades. Polo que a provimcia, e tamén  Galicia,  sae perdedora á hora   de recadar cartos pra súa facenda.

E diante esta realidade cabe preguntar a razón do silencio dos deputados  tanto do PP como do PSOE por Ourense.  Pois a súa inacción  diante esta inxustiza é evidente. Ben sei que esas forzas políticas,  cos seus comites centrais na capital do reino,  non están pola labor da descentralización econo

ómica. E os seus representantes provinciais  limítanse a quentar escano e esquecer unha realidade que nos marxina  grandemente.  Polo que rematar con esta inxustiza sería unha obriga deses diputados que din representar os ourensás e os galegos. E pra iso habería que  obrigar a esas empresas a cotizar, polo menos,  proporcionalmente pola  cuantía da enerxía ou das actividades que teñen na provincia ou en  noutras partes de  Galicia.  Pois, si eso non se fai,  toda esa riqueza que sae dos nosos encoros e dos eólicos  nunca será unha axuda pra unha provincia na que, segundo a visión centralista,  sigue a ser  unha provincia e unha comunidade que vive a conta do  Estado. En fin, que como moitos ourensás, percibo que a representación política que temos nas cortes é mais testimonial que outra cousa. Ou  mellor,  é un fiasco que permite que Ourense siga nun estado de inxustiza económico permanente. Pois este tema nunca está, nin ten viso de chegar a estar,   na axenda dos dous partidos que se alternan no poder a nivel de Estado. Polo que compre que os ourensás agucemos o sentido do voto e teñamos en conta estás cuestións que non son menores.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas