- O delegado territorial subliñou que o Camiño de Santiago é sinónimo de turismo, de lecer, de cultura ou de natureza e estes concertos agrandarán o éxito seu internacional que nos últimos anos traspasou fronteiras e moveu a millóns de cidadáns de todo o mundo cara a Galicia
- Gabriel Alén destacou que a programación de Concertos do Xacobeo inclúe 11 eventos musicais na provincia con actuacións de diferentes estilos e para todos os públicos
- Actuarán artistas como, Víctor Manuel, Miguel Ríos, La Guardia, Danza invisible, Placebo, The James Hunter Six, Gustavo Santaolalla e, ademais da mellor música galega como As Tanxugueiras, Roi Casal e Xoel López
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá, acompañado do alcalde, Antonio Puga, na presentación do concerto de Miguel Rios & The Black Betty Trio que se celebrará o 18 de agosto ás 21,00 horas no Claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova. O prezo das entradas, que saen hoxe á venda en Ataquilla.com, será de 23 euros máis gastos de xestión da empresa distribuidora, e o aforo do mesmo terá un máximo de 700 persoas sentadas.
Este evento -sinalou Gabriel Alén- encadrado dentro da programación de Concertos do Xacobeo espallarán música e espectáculo por toda xeografía provincial con máis de 14 artistas de primeiro nivel que chegarán a todos os recunchos de Ourense para celebrar un Ano Santo extraordinario.
O delegado territorial subliñou que O Camiño de Santiago é sinónimo de turismo, de lecer, de cultura ou de natureza e estes concertos agrandarán o éxito seu internacional que nos últimos anos traspasou fronteiras e moveu a millóns de cidadáns de todo o mundo cara a Galicia.
Gabriel Alén explicou que a Xunta deseñou un espectáculo descentralizado que quere dar protagonismo ao carácter global dun evento internacional como é o Xacobeo que se espalla por todos os recunchos de Galicia. Así, perante sete meses, vilas e cidades de Ourense desfrutarán dunha oferta musical que terá un importante retorno económico nos lugares nos que se celebran os eventos musicais e que reforzará a sona internacional que o Ano Santo dá a Galicia.
O representante do Goberno galego destacou que a programación de Concertos do Xacobeo inclúe 11 eventos musicais na provincia con actuacións de diferentes estilos e para todos os públicos. Xa desenvolveu o concerto de The James Hunter Six e esta pasada fin de semana o Ouren Sound Fest; proximamente actuarán artistas como, Víctor Manuel, Miguel Ríos, La Guardia, Danza invisible, Placebo, The James Hunter Six, Gustavo Santaolalla e, ademais da mellor música galega como As Tanxugueiras, Roi Casal e Xoel López. A programación tamén contempla os festivais Silfest, El Musgo e o Festival de Música Alternativa e o Ciclo Xacobeo Importa, que se desenvolverá na Capital.
Os interesados poderán consultar a programación na páxina web concertosdoxacobeo.gal, que se irá actualizando periodicamente. Tamén poderán facelo nas distintas páxinas web e redes dos festivais e ciclos dos concertos previstos. O delegado territorial remarcou na presentación do programa que o evento musical será “a memoria colectiva que deixará pegada entre todos os que participen nun Xacobeo histórico”. Gabriel Alén recordou que neste Ano Santo no que Galicia recupera a ilusión trala pandemia estase a rexistrar un récord de peregrinos aos que invitou a sumarse á oferta cultural, lúdica e musical programada para un evento de transcendencia universal. “Temos un cartel á altura do que Galicia merece, un cartel que espallaremos polos Camiños para recibir a turistas e peregrinos co afecto e a hospitalidade que sempre nos caracteriza”.
Concertos
DATA | MES | Delegación | Provincia | CIDADE/VILA | NOME FESTIVAL/ARTISTA |
3-9 | SETEMBRO | Ourense | Ourense | Allariz | Tanxugueiras |
7-7 | XULLO | Ourense | Ourense | Castrelo de Miño | Victor Manuel |
18-8 | AGOSTO | Ourense | Ourense | Celanova | Miguel Ríos |
21-23 Xullo | XULLO | Ourense | Ourense | O Barco de Valdeorras | Silfest. Pendiente cartel |
31-8 | AGOSTO | Ourense | Ourense | O Carballiño | Roi Casal |
25-8 | AGOSTO | Ourense | Ourense | O Pereiro de Aguiar | La Guardia + Danza invisible |
26-8 | AGOSTO | Ourense | Ourense | Ourense | Placebo |
4-5 Novembro | NOVEMBRO | Ourense | Ourense | Ourense | El Musgo Fest. Pendiente cartel |
Ourense | Ourense | Ourense | Festival de Música Alternativa | ||
28-5 | MAIO | Ourense | Ourense | Ourense | The James Hunter Six / Ciclo Xacobeo Importa |
3-7 | XULLO | Ourense | Ourense | Verín | Gustavo Santaolalla + Xoel López |