Concelleiros do PP mantiveron reunións con comerciantes, pulpeiros e empresarios

Esta fin de semana concelleiros do Grupo Popular do Concello do Carballiño mantiveron varias reunións con representantes das asociación de Comerciantes, pulpeiros e empresarios do Carballiño, para intercambiar impresións e marcar liñas de actuación para desenvolver de forma eficiente as partidas orzamentarias que se aprobarán no pleno do próximo martes como medidas urxentes para paliar os efectos socioeconómicos motivados pola COVID19, e que chegan consensuadas entre os distintos grupos políticos con representación ao pleno do martes 12 de maio.

Agradecemos a dispoñibilidade dos participantes nestas reunións e resumimos as conclusións:

AVANTAR ACTIVIDADES

 1.- Tivo que ser o Grupo Popular quen lles comunicasen con exactitude aos representantes destes sectores os cartos dos que poderán dispoñer dende o próximo mércores, cousa que o Goberno do Concello do Carballiño non lles explicou, polo que mal puideron concretar avance algún, e mais nalgún caso, incluso se lles negou a existencia dalgunha das partidas que se aprobarán en pleno e que xa están consensuadas e ditaminadas.

Sin título-1.jpg

2.- Todos os sectores piden participar na redacción das bases para a consecución do reparto das axudas económicas, para lograr que se aproben canto antes, que sexan claras, de fácil presentación, rápidas de resolver, que cheguen aos sectores máis vulnerables e que garantan a continuidade na actividade, e por outro lado, informámolos de subvencións para autónomos e pequenas empresas que conceden outras administracións, como a Deputación Provincial de Ourense

3.- Cando existan dúbidas sobre calquera normativa motivada en relación ao Covid19, o prazo de 48 horas ofrecido polo concello para aclaracións é esaxerado e inadecuado.

4.- Todos os sectores queren saber como vai a utilizar o Concello a partida de gasto propio de dinamización comercial para ter garantía da súa utilidade.

5.-  Un día antes da reapertura, o Concello aínda non aclarou os hostaleiros como poderán dispoñer as terrazas dos seus establecementos mentres existan as fases de desescalada, así como tampouco que tipo de taxa terán que aboar, ou se estarán exentos dela.

6.- Esíxese un protocolo e mais presenza de desinfección e limpeza  na nosa área empresarial e a planificación dun plan conxunto de desinfección de vehículos, adiantándose a unha posible obrigación.

7.- Débese de cambiar o modelo de formación e potenciar os cursos específicos nas propias fábricas, impartidos por persoal propio e específico de cada empresa.

8.- Potenciación das feiras do Carballiño con actividades de reclamo para os visitantes.

9.- O CCA garantirá unha plataforma online para a totalidade do comercio e hostalería do pobo que se queira unir a este proxecto, pero xa advirte que se non hai continuidade na axuda, alomenos durante un ano máis, non será posible a súa implantación definitiva e de forma exitosa.

10.- En definitiva os sectores produtivos piden un MODELO DE POBO, que sexa agradable ambientalmente, atractivo para visitantes e sen esquecer que nos comercios segue tendo que entrar xente pola porta.