Un total de 18 alumnos participan no curso de Prevención de Riscos de nivel básico

A Fundación Laboral da Construción en colaboración co Concello do Carballiño ven de impartir a acción formativa de Prevención de Riscos de nivel básico, sendo un curso fundamental e esixido para exercer distintas profesións vencelladas ao sector da construción.

Un total de 18 alumnos e alumnas realizaron este curso de carácter gratuíto con unha duración de 60 horas de formación distribuídas en 2 semanas. A formación foi subvencionada pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea a través do Programa NextGenerationEU.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta formación ten por obxectivo a cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos. Deste xeito, O Concello do Carballiño continúa apostando pola formación e inserción laboral da poboación activa como ven facendo nos últimos anos. Este feito, reflíctese na evolución da taxa de desemprego, que se sitúa nun 13,66 % con un número de parados rexistrados de 773.