A Deputación potenciará o “Museo do Médico Rural”, en Maceda, referente na súa temática

Reunión Manuel Baltar (Presidenta da Deputación Ourense) con Jose Manuel Lage Parente (Responsable do Museo do Médico Rural de Maceda) acompañado de Rubén Quintas Rodríguez (Alcalde de Maceda).

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial co responsable do “Museo do Médico Rural”, José Manuel Lage, e co alcalde de Maceda, Rubén Quintas, a quen confirmou o apoio por parte da institución provincial “para seguir potenciando este singular espazo expositivo, único no ámbito galego e nacional, cuxo éxito reflicte a homenaxe da sociedade ao papel do médico rural, profesionais fondamente vencellados ao territorio e á súa veciñanza”, salientou Baltar. 

O presidente do goberno provincial expresou o agradecemento a José Manuel Lage por poñer a disposición do público a importante documentación e os obxectos que conforman o museo, situado nas instalacións municipais, e ao alcalde de Maceda, “por promover esta iniciativa cultural á que seguiremos dando apoio económico e tamén mediante publicacións e co plan de acción, fixado a medio e longo prazo, que significará dispoñer de instalacións propias e con elo, unha aposta pola súa difusión e promoción para ser un punto de atracción turística e mesmo para os estudosos da medicina”. 

AVANTAR ACTIVIDADES