Mañá remata o prazo para solicitar as axudas da covid-19 en Boborás

O Concello de Boborás aprobou en pleno unha modificación de crédito para dar axudas ao sector da hostalaría e do turismo do municipio. O prazo para a presentación destas solicitudes era de dez días dende a probación dos pliegos, unha data que rematará mañá pola noite. As axudas teñen a finalidade de axudar ós traballadores afectados polo peche perimetral e por cese de actividade ó ser un sector dentro dos non esenciais. En total serán 300 euros por autónomo, un total de 15 no municipio, e unha Peme, ascendendo a un total de 4.800 euros. Estas axudas serán compatibles coas autonómicas e demais organismos.
O grupo de Goberno toma esta decisión para apoiar o sector máis castigado pola Covid-19, coa restrición perimetral de mobilidade e tamén co peche da actividade non esencial. Así beneficiaranse tanto bares, restaurantes e casas de turismo rural.