A Reportaxe: Video da Inauguración da “Casa de Aspadisi”

VIDEO COMPLETO


A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, asistiu hoxe á inauguración da nova residencia da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos da comarca do Carballiño –Aspadisi. Aspadisi é unha das dez entidades de Galicia que se beneficiou da nova orde de axudas para a construción ou remodelación de centros. Fabiola García destacou o traballo que fai esta asociación e que se verá incrementado con esta nova instalación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tanto a Xunta coma a Deputación, ademais dos concellos da contorna, empresas e particulares foron os artífices coas súas achegas de poder facer este proxecto realidade. Un proxecto que beneficiará ao desenvolvemento das condicións de vida dos usuarios e das súas familias.

O proxecto consistiu na contrución dunha nova planta sobre o edificio xa existente, nosque tamén se incluíu unha reforma e ampliación da actual cociña. Contará con 32 prazas das cales a metade serán conveniadas pola Xunta de Galicia. Este venres, día 1 de marzo, comezará xa a estancia de dous usuarios.

Dende a dirección do centro consideran este un gran paso adiante na vida dos usuarios e tamén das súas familias, que terán un oco especial en “A Casa de Aspadisi”. Agradecen o apoio recibido por parte de institucións, empresas e particulares para poder facer realidade un soño, que abre as súas portas con todo listo para ser un referente a nivel galego.