O IEC (Instituto de Estudios Carballiñeses) convoca a terceira edición do concurso de microrrelatos. A presentación dun microrrelato ao concurso implica necesariamente a aceptación previa, íntegra e incondicional das seguintes bases, así como dos criterios e decisións que poida establecer o xurado correspondente.
BASES:
- Os textos deberán estar escritos en galego.
- A temática será libre.
- Poderá participar calquera persoa maior ou menor de idade.
- Poderá presentarse un máximo de tres obras por participante.
- Os participantes poderán enviar as obras de dúas maneiras:
- Por correo electrónico:
idecarballino@yahoo.es
- Por correo postal:
Praza de América, número 3, 2º D 36211
Vigo
- A finalización de recepción das obras orixinais será o día 30 de xuño.
- Será imprescindible facilitar, no envío das obras:
- Nome
- Apelidos
- DNI
- Idade
- Enderezo
- Teléfono de contacto e correo electrónico
[Os datos facilitados serán recollidos coa finalidade de xestionar a participación no concurso e invitar os gañadores ao acto de entrega de premios; e a participar, se o desexan, en entrevistas para a difusión do concurso].
- O xurado poderá deixar deserto algún dos premios en función da calidade literaria.
- O xurado estará formado por membros do IEC.
- O presidente do IEC estará presente na deliberación do xurado con voz, pero sen dereito a voto.
- O fallo do xurado comunicarase no acto da entrega dos premios.
- O fallo do xurado será irrevogable e inapelable.
- Os gañadores recibirán un premio en metálico de: 1º premio: 1.000 €
2º premio: 500 € 3º premio: 250 €
- Ao presentar as obras, os participantes garanten a súa autoría e orixinalidade.
- Se houber algunha sospeita de que o relato foi feito con Intelixencia Artificial (IA), quedará desclasificado.
- Os participantes aceptan a divulgación e publicación dos microrrelatos presentados nos medios do propio IEC.
- Os microrrelatos gañadores non poderán ser presentados a outros concursos.
- O gañador ou gañadora do primeiro premio da edición anterior non se poderá presentar a este concurso porque se lle dará a opción de formar parte do xurado. Despois dese ano, poderá seguir presentándose.
- Os microrrelatos non premiados destruiranse, unha vez fallado o concurso, e non se devolverán aos autores.
- A entrega de premios celebrarase no Carballiño nun acto debidamente anunciado polo IEC.
- Os textos non deberán exceder os mil douscentos (1.200) caracteres.
- Os textos enviaranse en formato escrito, segundo as indicacións detalladas nas presentes bases.
O Carballiño, a 16 de abril de 2026
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















