A procesión penitencial da Sentenza e da Esperanza percorrerá mañá as rúas do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A programación da Semana Santa do Carballiño prosegue mañá coa celebración da Cea do Señor, que terá lugar na capela da Residencia Irmáns Prieto a partir das 16,00 horas. O templo parroquial de A Veracruz será, de novo, o punto de encontro desta misa solemne ás 19,00 horas, co tradicional lavatorio de pés e o traslado do santísimo sacramento ao monumento onde permanecerá para a súa adoración por parte dos fieles.

Ás 21,00 horas está prevista a saída, dende o mesmo templo, da procesión da Sentenza e da Esperanza, seguindo un itineario polas rúas dos Canteiros, e Aldara ata a Praza Maior, e o seu retorno ata A Verazruz polas rúas Cesáreo Tizón, Vulcano, Tomás Mª Mosquera, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Antonio Palacios.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A comitiva estará presidida polo Noso Pai Xesús da Sentenza e da Misericordia e a Nosa Señora da Doce Esperanza, co acompañamento musical da Legio VII Civitas Limicorum e a Banda de Música Municipal de Celanova.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------