
Esta tarde inaugurouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel a exposición “O amante do papel”, con máis de corenta debuxos, gravados, litografías ou serigrafías realizadas por artistas como Pablo Picasso, Rembrandt, Durero, Marc Chagall, Rubens ou Toulouse-Lautrec, abarcando períodos dende o século XV ata o século XXI.
Na inauguración interviron o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; a comisaria da mostra, Rosario Sarmiento; o director do Marcos Valcárcel, Francisco González e Victoria Carballo Calero, en representación da Real Academia Galega de Belas Artes.