Ribeiro en Común reclama o impulso da vila termal de Prexigueiro

Publicidade ASPADISI

No que levamos de lexislatura, a formación asegura que o actual goberno nunca abordou ningunha iniciativa nin acción de cara a mellorar e impulsar o enorme potencial que teñen as Termas de Prexigueiro. Estamos a falar de un dos principais recursos turísticos de Ribadavia e dunhas Termas cunha enorme afluencia de público e visitantes, que sen embargo non son tidas en conta polo goberno local.

Á formación parécelle unha falta de respecto que desde a Deputación provincial se fale de “Ourense Provincia Termal” e sen embargo afirman que non destinaran nin un só euro para a mellora e investimento nas Termas de Prexigueiro nin na localidade de Prexigueiro. De feito, aseguran que recentemente tivo que ser o propio Concello quen tivera que asumir con fondos propios o arranxo de un dos principais viais de acceso, que estivo 8 meses co transito cortado polo seu derrubamento.

HIPER MASIDE

A mesma institución que realiza investimentos importantes en Complexos Termais privados da provincia, sen embargo discrimina gravemente ao Concello de Ribadavia, sendo o máis paradóxico que o propio Alcalde actual de Ribadavia é membro tamén da Xunta de Goberno Provincial que destina recursos a outras termas.

Ribeiro en Común reclama que a Deputación provincial comece a colaborar na mellora da Vila Termal de Prexigueiro.