O PP de Ourense celebra a incorporación de 17 novos médicos fixos nos centros de saúde da provincia grazas á lei de prazas sanitarias de difícil cobertura impulsada pola xunta

Videoconferencia da Xunta de Goberno. Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Armando Ojea Bouzo (Deputado DO); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e Vicesecretario da Deputación Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Partido Popular de Ourense celebra a adxudicación de 17 prazas de médico con carácter fixo nos centros sanitarios da provincia publicada pola Consellería de Sanidade na páxina web do Sergas, trala resolución do concurso de méritos para persoal facultativo especialista de atención primaria convocado pola Xunta de Galicia en maio de 2023. A resolución publicarase nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia, abrindo un prazo dun mes para que este novo persoal se incorpore ao seu destino.

En particular, este concurso posibilitou a cobertura con carácter fixo de dúas prazas de medicina de familia no centro de saúde de Trives; outras dúas no Barco e unha praza en cada un dos seguintes centros: A Gudiña, Carballeda de Valdeorras, Coles, O Carballiño, O Irixo, Lobeira, Nogueira de Ramuín, Punxín, Verín, Viana e Xinzo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Quedan pendentes de adxudicación nunha segunda rolda, que se fará unha vez remate o prazo dun mes para a toma de posesión dos hoxe adxudicatarios, outras seis prazas: dúas no Carballiño e as de Calvos de Randín, Cualedro, Lobios e A Mezquita.

Esta convocatoria puido realizarse a través da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada no Parlamento co voto en contra de BNG e PSdeG.

Esta lei incentivou a cobertura destas prazas ao ofrecer o maior nivel de estabilidade laboral, obtendo unha praza fixa en propiedade, cun sistema de acceso máis sinxelo e áxil: un concurso de méritos que non require exame de oposición e que se resolve nuns meses.

O PP de Ourense lamenta a postura de PSdeG e BNG lembrando que, se por eles fora, non se podería realizar este proceso e cubrir estas prazas. No mesmo sentido, criticou aos candidatos de ambos partidos ás eleccións autonómicas por encabezar protestas e reclamacións de máis persoal sanitario mentres os seus partidos votaron en contra de solucións que hoxe se concretan.

DÉFICIT DE MÉDICOS DE FAMILIA EN TODA ESPAÑA

Desde o PP consideran que esta postura partidista só se explica desde o intento de sacar rédito electoral dos problemas de déficit de médicos de familia e pediatras que existen en toda España, ata o punto de intentar boicotear medidas innovadoras da Xunta como este concurso ou as propostas elevadas polo PP ao Congreso dos Deputados para abordar o déficit de médicos de familia a nivel nacional.

Lembran que as solucións para este problema nacional de déficit de especialistas levan desde abril de 2018 enriba da mesa e aprobadas por unanimidade no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, cando o goberno de Rajoy pactou con todas as comunidades autónomas reformar e flexibilizar o sistema MIR para que se puideran crear máis prazas formativas da especialidade de medicina de familia e afrontar así o relevo  dunha abundante xeración de médicos de primaria que se xubila nestes anos.

Dous meses despois da aprobación daqueles acordos, entrou o goberno de Sánchez e desde entón pasaron xa seis ministros de Sanidade sen executalos. O resultado é que hoxe non hai médicos de familia dispoñibles para contratar en ningunha comunidade autónoma nin na administración do Estado, como demostra o feito de que o 70% das prazas médicas das prisións galegas, dependentes do Goberno de España, estean vacantes.

Por iso o PP segue a demandar ao Goberno de España a adopción de ditas reformas para poder tomar unha medida de choque: 1.000 prazas desta especialidade máis ao ano en España durante os próximos anos.

As comunidades terán que financialas, como financiaron as aumentadas nestes anos (no caso de Galicia duplicouse a oferta de prazas MIR de medicina de familia desde 2009) pero necesitan que o Goberno de España cambie a normativa para poder crear aínda máis, pois os requisitos vixentes impiden formar novos médicos en máis de 300 dos 460 centros de atención primaria galegos.

Esta solución non só a defende o PP senón tamén gobernos autonómicos como o vasco ou o catalán, que asinaron un manifesto con Galicia esixindo a necesidade destas medidas. E aprobouse en xullo do 2022 no Congreso dos Deputados a proposta do PP, co voto favorable da maioría da Cámara e cos votos en contra do PSOE, dos partidos que hoxe forman Sumar e do BNG.