Guia de Recursos contra a VIOLENCIA de XÉNERO

A XUNTA PRESENTA A COLECTIVOS E PROFESIONAIS NO ÁMBITO DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DE OURENSE A GUÍA DE RECURSOS EXISTENTES NA COMUNIDADE PARA FACER FRONTE A ESTA LACRA

Publicidade
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, reuníronse con representantes de asociacións de mulleres e entidades de iniciativa social da provincia
  • Esta guía é un documento que describe os servizos e programas, así como os contactos das entidades que integran a rede galega de apoio a vítimas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantiveron esta mañá unha xuntanza informativa con colectivos e profesionais no ámbito da loita contra a violencia de xénero que traballan na provincia ourensá para presentarlles a guía de recursos existentes en Galicia fronte esta lacra.

Trátase dun documento que recolle os equipamentos e recursos destinados a mulleres vítimas de violencia de xénero, no que se poden consultar todos os recursos dispoñibles organizados por áreas (psicolóxica, social, sanitaria, xurídica, económica, laboral ou protocolos de actuación)  que están tamén xeoreferenciados na páxina web da Xunta de Galicia, cun mapa de localización dispoñible na opción “Eservizos: Servizos no mapa”: https://www.xunta.gal/servizos-no-mapa

Esta guía pretende achegar información dos recursos existentes en Galicia no eido da violencia de xénero a calquera persoa ou entidade interesada, así como facilitar e axilizar o traballo das e dos profesionais que na nosa Comunidade acompañan e apoian ás mulleres

que sofren violencia de xénero, concentrando nunha única ferramenta a descrición dos servizos e programas e os contactos das entidades que integran a rede galega de apoio a vítimas.

Así, entre outros recursos, recóllese a existencia de 82 CIMs noutros tantos concellos galegos, dos que 15 se atopan na provincia ourensá; un centro de recuperación integral  emprazado en Santiago de Compostela; centros de acollida e o teléfono 900 400 273 de carácter gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día durante os 365 días do ano. 

López Abella mantivo que o coñecemento dos recursos existentes a disposición das vítimas e das súas fillas e fillos “é clave para lograr un acceso igualitario aos mesmos e para mitigar, na medida da posible, as terribles situacións que a violencia de xénero orixina”. Así mesmo, indicou que a publicación deste documento demostra o esforzo e o labor da Xunta de Galicia a prol das vítimas desta lacra e da construción dunha sociedade igualitaria e libre de violencia machista.

Neste encontro participaron representantes de asociacións de mulleres, entidades de iniciativa social e centros de información ás mulleres (CIMs) da provincia ourensá, entre outros colectivo