Achegarse á España real

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias


Os romanos, hai máis de dous mil anos,  xa  debatían  si pra ampliar os seus dominios políticos era mellor facelo pola forza das armas ou ven polo convencemento e os pactos. E desa maneira neste noroeste, ou sexa na Galaecia,  asinaron  pactos coas tribus que nesta terra estaban asentadas. Esta postura  amosa que os temas políticos sempre se  deben enfrontar  coa política partindo de acordos e pactos. Ou sexa: de falar e buscar puntos de entendemento e fuxir da forza da xustiza e a belicosidade.   Pois istes asuntos levámdoos pola via xudicial nunca chegan a bo porto e soio traen enfrontementos  que  despois son complicados de arranxar.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No Estado actual,  dende a curta primeira república e despois a segunda,  o tema territorial na península ten asuntos pendentes que solucionar. Os intentos de darlle unha solucíon na segunda república truncáronse co golpe de estado e a posterior guerra civil.  Corenta anos despois, a conctitución do 78,  deulle unha saída ó que era unha reivindicación única  das tres autonomías históricas, a saber: Cataluña, Euscadi e Galicia,  así naceu o estado  das Autonomías, claro  facendo unha diferenciación das nacionalidades históricas á que se sumou Andalucía despois dun referendum. Máis o problema quedou sen resolverse definitivamente  pois, as tres comunidades do norte, teñen tras de si un apoio electoral que aspira a acadar maiores cotas de poder. Teñen tras de si moita xente que non acepta o estatus actual e quere amplialo con recoñecemento tanto cultural como o aumento  de competencias e máis soberanía económica.

Mais moitas  decisións políticas teñen  consecuencias que non se perciben a curto prazo cando se votan. E porei un exemplo. Despois do pacto  do Majestic cos nacionalistas cataláns no que Aznar  cedeu moitas competencias pra Catalunña, o mandato  de Rajoy optou pola vía de pechar o grifo e,  co seu afán centralizador, arremeteu contra o Catalán e o Galego, sendo un gran colaborador en Galicia o Sr. Feijoo.  Mais os cataláns tomaron boa nota e comenzou a separación que se agravou co recorte do Estatuto sometido a referendum nesa terra. E  logo  viñeron os dous referendos  que, sin terren valor xurídico, trouxeron ó enfrontamento actual. E o centralismo nas mans do PP optou pola vía xudicial, impondo a visión da España que soio  ten un modelo uniformador e que minusvalora as  demais culturas que existen no Estado. E nese paquete  van  os idiomas que aínda están vivos e son cooficiais nesas terras. E nese  tema e outros andamos. Pois ben, o feito de recoñecer que as linguas chamadas cooficiais se poidan expresar no Congreso e en Europa leva consigo unha visión máis acorde coa realidade da España actual,  e amplía a visión  cutre que pretende a dereira e os seus amigos e socios  da extrema dereita. Posiblemente estemos soamente  diante diante un símbolo de recoñecemento. Máis no fondo da esta cuestión,  afloran dous modelos distintos de como se entende o actual Estado.  Un,  o que quere impoñer a dereita centralista e uniformadora e que exclue e relega a sectores importantes da poboación,  e o segundo  que é mais integrador e que impide esa visión de que España soamente é a  que a dereita  quere. No fondo, a dos conservadores,  é unha apropiación  e unha maneira de dicir de eles son os donos de España.  Ou sexa:  a imposición dos  monolingues sobor dos bilingües ós que nalgúns casos nos tachan de paletos.  Todo o mundo sabe que o castelán non corre ningún perigo no Estado actual. Se a caso, o competidor  do castelán ven a ser o inglés.

En fin, sen querer afondar máis no asunto, hoxe estamos diante un dilema que se sustanciará  sabendo se hai que ir a eleccións de novo ou non. Mais debe quedar claro  que, defender as culturas e idiomas dos diferentes partes do, estado  non debera ser un problema. Pois a diversidade, cando hai vontade de entenderse sempre é positiva. Polo que achegarse á España real debera ser unha boa nova pois, os acordos culturais e políticos  integran e unen. Con todo, esperemos acontecementos.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas