Coidado cos salvapatrias

Manuel Herminio Iglesias


Cando as cousas van moi mal nun pais, e falla a racionalidade na análise política, sempre aparecen os charlatáns que promerten solucións milagreiras e convencen a moitos cidadáns  que logo lle dan o voto.

AVANTAR ACTIVIDADES

A historia do mundo está chea de exemplos. Cecais o primeiro foi Adolf Hitler que chegou ó poder en Alemania mediante os votos dos alemáns e conduciu ó pais a unha guerra da que todos coñecemos o resultado.  Hai moitos exemplos máis que confirman o dito. Agora na Arxentina, seguindo a estela doutros paises da zona,  un home con moita labia, que di que o  Papa é pouco menos ca un tirano e que a mafia é mellor co Estado,  tamén convence os cidadáns dese pais, prometendo o ouro e o mouro e afiánzase pra disputar a segunda volta da presidencia do pais austral. Ben sei que Arxentina ten unhas caracteríticas especiais  moi distintas ó  que acontece na vella Europa. Que a súa situación económica é moi mala e que a débeda asfixia a esa nación. Con todo no mundo actual a crispación política remata coa racionalidade e lévanos a situacións extremas que ó final afectan a todos os habitantes do planeta. As veces,  ate penso nas debilidades da democracia, pois non poucas veces un charlatán convence á xente, e logo desfacerse del resulta moi complicado.

Vivimos tempos de crispación, onde os dogmatismos de base relixiosa aliados co radicalismo político remantan traendo traxédias como é o caso do pobo palestino. Isaac Rabín no ano 1993 asinou os acordos de Oslo  con Arafat para crear dous estados e convivir. Mais un fanático relixioso  israelí matouno no 1995. E aquil acordo quedou morto. Onte vin unha frase nas redes sociais que tamén escoitei nalgunha  igrexa que  dicia: O pobo de Israel é o pobo elexido por Deus. Ben sei que non é nada máis ca unha frase que algúns din que é biblica. Pero o malo é que algúns,  mellor bastantes fanaticos integristas, pensan que é unha verdade e loitan a día de hoxe  por facela realidade. Igualmente acontece no bando dos que queren desfacer o réxime israeli amparándose e cuestións do  seu profeta e, coa axuda do goberno teocrático que aforca  os disidentes nas prazas,  os Ayatolat, puxan pra desfacer Israel  e quitalo da faz da terra. E cando algúns deses extremistas teñen representación política e poder, e  están nos gobernos,  pois arrasan   coas esperanzas e a paz nunca pode ser unha realidade.

A violencia terrorista nunca leva a nada. Eu condeno todo terrorismo veña de onde veña. Pero a violencia tamén é ter a milleiros de persoas sen auga vivindo na miseria e da caridade do mundo; e ter a milleiros de persoas encadeadas sen acusación nin xuizo polo mero feito de seren palestinos. Todo  isto é un desproposito bestial.

A desesperación e a fame, o abuso do poder, e a usurpación da terra,   sempre crea  no ser humano unha  reacción de defensa. E  como hai moita xente que non ve futuro,  faille caso ós salvapatrias e os radicais. E  desas fontes  emana  o terrorismo.

En Oriente medio, cuna de moitas civilizacións e de relixións, estase a librar unha guerra animada pola falla de dialogo e por unha situación de desesperación dun pobo acorralado, como noutro tempo histórico, os americanos, acorralaron os indios pra metelos en reservas, onde agora están. Hoxe,  en moitas partes do mundo, merodean o poder os charlatáns salvapatrias como é o caso de Arxentina onde un tal Milei que se define como anarco capitalista e liberal  promete e promete solucións ós males que sufre ise pais. E todo no medio dun populismo e unha ideoloxia contraditoria que a todas luces será un conto máis. En fin, cando a palabra e o dialogo no teñen espazo;  o radicalismo e o fanatismo político e  tamén   relixioso danse a man, e logo pasa o que pasa. Trunfa a sin razón e a barbarie. Teñamos moito coidado cos salvapatrias que neste pais tamén teñen seguidores.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas