Na actualidade a Xunta de Galicia está desenvolvendo o PROGRAMA DE MELLORAS DE CENTROS DE SAÚDE, e por poboación e por antigüidade do Centro de Saúde do Carballiño, o Partido Popular asegura que se debe estar estar vixiantes de que O Carballiño non se quede fora deste plan.
Recordan que a principios deste ano aprobouse no Parlamento, a iniciativa do Grupo socialista, o seguinte: “Avaliar a situación das infraestruturas do Centro de Saúde de O Carballiño, de cara ao financiamento de actuacións referidas ao mesmo, con cargo ás partidas consignadas para reformas dos Centros de Saúde no Proxecto de Orzamentos para 2021, e comprometer a inclusión de obras maiores dentro do futuro Plan de Infraestruturas Sanitarias comprometido polo goberno galego a iniciar no primeiro trimestre de 2021, dentro das posibilidades”
Tamén a principios deste ano, o Presidente da Xunta comprometeuse en reunión co Alcalde do Carballiño para que técnicos de Sanidade valorasen a forma de mellorar as actuais instalacións, considerando como opcións a construción de un novo edificio ou ben acometer diferentes obras no actual, de ampliación, relacionadas coa eficiencia enerxética, a climatización ou a adaptación funcional dos distintos espazos existentes.
A data de hoxe, o PP asegura que se descoñece cal das dúas opcións será a máis eficiente e eficaz para que a nosa veciñanza conte cun centro de saúde en condicións óptimas e cunha duración para varias xeracións, digamos que coa condición de ser unha obra moi definitiva no tempo. En calquera dos dous casos, din que este Concello ten a obriga de estar pendente do avance que dende a Xunta se estea a facer e debe instar á administración autonómica a que tome a decisión máis oportuna e que a execute canto antes, para que en ningún caso O Carballiño se quede fora do Programa de Melloras dos Centros de Saúde.
Adiantándose a estas opcións, o PP asegura que dende O Concello deberíase planificar unha solución á ubicación dun novo centro de saúde para que se poida executar no caso de que non sexa posible a ampliación e mellora do actual edificio destinado a este uso. Dende o noso grupo entendemos que unha vez que a Xunta traballa no traslado do servizo de estación de Autobuses para a estación do Ferrocarril, sería posible que se estudiase a posibilidade de facer na actual estación de autobuses o centro de saúde, xa que o edificio está en posesión da Xunta; comprometéndose a administración autonómica a ceder o Concello posteriormente todos os espazos que se liberasen no actual centro de saúde.