Do total de representantes, 213 serán elixidos entre os afiliados das 92 xuntas locais da provincia, cuxo reparto foi aprobado hoxe polo Comité Executivo, correspondendo os 52 restantes aos membros da xunta directiva autonómica e dúas persoas máis: Patricia Torres e Patricia Lamela, ambas as dúas na comisión organizadora do congreso galego.
· O presidente provincial, Manuel Baltar, subliñou que “unha vez máis demostramos a nosa capacidade de resposta inmediata, o que nos permite ser de novo a primeira formación popular de Galicia en cumprir este trámite”.
O Comité Executivo do Partido Popular de Ourense aprobou hoxe o reparto dos 213 compromisarios que, en representación das 92 xuntas locais da formación na provincia, participarán no congreso autonómico que se celebrará en Pontevedra os días 16 e 17 de xullo. Unha delegación á que se engadirán outros 52 representantes na súa condición de compromisarios natos, entre eles os cincuenta membros da xunta directiva autonómica e dúas persoas máis: Patricia Torres e Patricia Lamela, ambas as dúas na comisión organizadora do congreso galego.
Con este trámite, os populares ourensáns cumpren co establecido no regulamento do XVII Congreso do PPdeG, que establece como competencia de cada un dos comités executivos provinciais a distribución dos compromisarios asignados ao seu territorio.
O presidente provincial, Manuel Baltar, subliñou que “unha vez máis demostramos a nosa capacidade de resposta inmediata para poñer en marcha calquera proceso, sexan congresos do partido ou convocatorias electorais, grazas a unha estructura perfectamente organizada e sobre todo sempre activa, aínda en momentos complicados como os que vivimos, o que nos permite ser de novo a primeira formación popular de Galicia en cumprir este trámite”.
No reparto dos 213 compromisarios ourensáns que participarán no congreso, o maior número de representantes corresponderá á xunta local de Ourense, con 33 persoas, seguida das agrupacións de Verín e Xinzo de Limia cada unha con 13. No Carballiño elixirán a 8; no Barco de Valdeorras e Celanova a 5; e nos Blancos, A Bola e Ribadavia serán 4 os representantes. Oito xuntas locais terán 3 compromisarios; 25 agrupacións contarán con 2; e o resto ata completar unha lista de 50 xuntas terá un compromisario.
REPARTO COMPROMISARIOS.
Un/unha compromisario/a ás Xuntas Locais de:
AMOEIRO AVIÓN BAÑOS DE MOLGAS
BEADE BEARIZ CALVOS DE RANDÍN
CARBALLEDA DE AVIA CARBALLEDA DE VALDEORRAS CARTELLE
CASTRELO DE MIÑO CASTRO CALDELAS CENLLE
CHANDREXA DE QUEIXA COLES CORTEGADA
ENTRIMO ESGOS GOMESENDE
IRIXO, O LAROUCO LAZA
LOBEIRA MANZANEDA MASIDE
MELÓN MEZQUITA, A MONTEDERRAMO
OÍMBRA PADERNE DE ALLARIZ PETÍN
POBRA DE TRIVES, A PONTEDEVA PUNXÍN
RIÓS RUBIÁ SAN AMARO
SAN XOÁN DE RÍO SARREAUS TABOADELA
TEIXEIRA, A TRASMIRAS VEIGA, A
VEREA VILAMARTIN DE VALDEORRAS VILAR DE BARRIO
VILAR DE SANTOS VILARDEVÓS VILARIÑO DE CONSO
XUNQUEIRA DE AMBÍA XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO
Ø Dous/dúas compromisarios/as ás Xuntas Locais de:
ALLARIZ ARNOIA A BALTAR
BANDE BARBADÁS CASTRELO DO VAL
CUALEDRO GUDIÑA, A LEIRO
LOBIOS MACEDA MERCA, A
MONTERREI NOGUEIRA DE RAMUÍN PARADA DE SIL
PEREIRO DE AGUIAR, O PIÑOR PORQUEIRA
QUINTELA DE LEIRADO RAIRIZ DE VEIGA RAMIRÁS
SAN CIBRAO DAS VIÑAS SAN CRISTOVO DE CEA SANDIÁS
TOÉN
Tres compromisarios/as ás Xuntas Locais de:
BOBORÁS BOLO, O MUÍÑOS
PADRENDA PEROXA, A RÚA, A
VIANA DO BOLO VILAMARÍN
Catro compromisarios/as ás Xuntas Locais de:
BLANCOS, OS
BOLA, A
RIBADAVIA
Cinco compromisarios/as ás Xuntas Locais de:
BARCO DE VALDEORRAS, O
CELANOVA
Oito compromisarios/as á Xunta Local de:
CARBALLIÑO, O
Trece compromisarios/as ás Xuntas Locais de:
VERÍN
XINZO DE LIMIA
Trinta e tres compromisarios/as á Xunta Local de:
OURENSE
REPARTO POR DISTRITOS CIDADE DE OURENSE:
Dous/dúas compromisarios/as aos Distritos de:
A PONTE RURAL
SAN FRANCISCO-BERROCÁS
SAN FRANCISCO-RABAZA
Tres compromisarios/as aos Distritos de:
CASCO HISTÓRICO
COUTO RURAL
Catro compromisarios/as aos Distritos de:
MARIÑAMANSA
A PONTE CENTRO
Cinco compromisarios/as ao Distrito de:
COUTO CENTRO
Oito compromisarios/as ao Distrito de:
CENTRO