O Psdeg-Psoe solicita a gratuidade do aparcadoiro en Ribadavia de xeito indefinido como medida de apoio ó comercio

IES CHAMOSO LAMAS

O psdeg-psoe solicita a gratuidade do aparcadoiro de titularidade municipal en ribadavia de xeito indefinido e ata que a situación mude como medida de apoio ó comercio

Os socialistas tamén piden que se aproben as bases para a potenciación do comercio local na vila e que se dea voz ós comerciantes para escoitar as súas inquedanzas

OZOCOgz Deseño Galego

“O comercio local é un dos nosos bens máis prezados e temos que coidalo e axudar os comerciantes a erguerse tras esta crise”, apunta o voceiro do PSdeG-PSOE de Ribadavia, Ignacio Gómez

O PSdeG-PSOE solicita a gratuidade do aparcadoiro de titularidade municipal en Ribadavia de xeito indefinido e ata que a situación mude como medida de apoio ó comercio. O grupo municipal volverá a presentar na xunta de voceiros do vindeiro venres, esta proposta que xa foi trasladada hai mes e medio. Unha iniciativa coa que os socialistas pretenden axudar ó comercio local e facilitar as labores de aparcadoiro de veciños e veciñas para as labores cotiás. Dende o grupo municipal socialista tamén proporán medidas de potenciación do comercio local, ao entender que “é un dos nosos bens máis prezados e temos que coidalo e axudarlle a erguerse trala crise”, explica o voceiro Ignacio Gómez.

Para o PSdeG da capital do Avia estas medidas son realistas e doadas de levar a cabo, xa que no caso do aparcadoiro, está xestionado polo Concello dende hai máis de 4 ano, o que facilitaría a súa gratuidade. Os socialistas lembran que cando “gobernaba o noso partido, había establecida unha apertura dunha hora totalmente gratuíta, polo que agora entendemos que se debe abrir gratuitamente e de xeito indefinido, ata que as circunstancias muden”, subliña o voceiro socialista, que tamén apunta que “estas medidas poden axudar a poboación nesta nova fase da desescalada, onde a maioría de locais comezan a regresar a normalidade”.

Dende o seno socialistas apuntan a que o Concello “debe facer un esforzo en iniciativas que son vitais para axudar ó comercio local e nese senso é unha prioridade que se debe consensuar cos comerciantes”. Por este motivo, os socialistas propuñan que os comerciantes estivesen presentes nas negociacións do pacto para o comercio. “Consideramos que teñen que ter voz nestes momentos e opinar, valorando se é mellor unha apertura total do aparcadoiro municipal ou ben a través de bonos que distribúan os comerciantes e deste xeito pór en valor tamén os seus negocios”, apunta Gómez, quen tamén subliña que “debemos apoiar o comercio como xa están facendo outras vilas e potencialo para que a xente veña a mercar o noso Concello”.

Dende o grupo municipal socialista de Ribadavia tamén lembran que o xoves pasado, o goberno presentou unha serie de axudas para os autónomos e as pemes. “Entendemos que o documento se podía mellorar, como xa lle trasladamos en anteriores ocasións o grupo de goberno”. “Queremos ofrecer un pacto para que tódolos grupos poidan aportar as súas ideas e si o goberno entende que desta crise se sae solo, sobre todo, nun goberno en minoría, que non responde a maioría social de Ribadavia, pois está moi equivocado”, explica Ignacio Gómez, que finaliza “por iso quixemos achegar un documento moi xenérico onde lle ofrecemos unha serie de cuestións”.