O autobús de “Coidados porta a porta” estará dende hoxe ó venres en San Amaro

Esta semana púxose en marcha de novo o autobús de “Coidados Porta a Porta” que percorrerá todos os concellos de Galicia -agás as sete cidades- para achegar os servizos especializados de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria fronte o alzhéimer ás portas dos fogares de máis de 100.000 galegos.

Na nosa contorna estará hoxe e estará mañá xoves e o venres en San Amaro, no aparcadoiro do campo de fútbol de Salamonde. É un servizo gratuíto, que precisa cita previa no teléfono 622 748 283.

AVANTAR ACTIVIDADES

En 2019, este programa de servizos ás persoas maiores que viven no rural atendeu a máis de 2.100 persoas de 20 concellos. Precisamente, dada a “boa acollida” deste proxecto, repite este ano, querendo chegar a 200 concellos galegos.