Dobre programación no Novo Cine de Leiro para os vindeiros días

IES CHAMOSO LAMAS

O Novo Cine de Leiro oferta para esta fin de semana dobre programación, aventuras e un filme galego. Por unha banda, a nova entrega de Black Phanter, “Wakanda Forever”. Este filme poderase ver o venres, sábado e domingo ás 16:30 horas e o luns e martes próximos, ás 17:00 horas.

Por outra banda, o filme “As Bestas”. Unha parella francesa de mediana idade chega a vivir a unha vila galega na procura dunha relación máis estreita coa natureza. A súa presenza, con todo, esperta a hostilidade de dous locais. Poderase ver o venres, sábado, domingo e luns e martes ás 20:00 horas.

OZOCOgz Deseño Galego